lunes, 16 de marzo de 2015

A violencia de xénero

Hai dúas semanas fomos á biblioteca á cuarta hora da mañá a presenciar un vídeo sobre a violencia de xénero.
Coñecemos a Amanda Díaz Pena, unha psicóloga que nos falou da violencia de xénero, e que forma parte unha asociación en contra do machismo en Lugo chamada "As Quetas" e ofreceunos a posibilidade de asistir a un acto no que poderemos comprar libros escritos por mulleres .Ao longo desta actividade fomos debatendo acerca do que pasaba no vídeo, houbo diferentes opinións pero todos estabamos de acordo en que temos que construír unha sociedade máis igualitaria. Este vídeo impactounos moito, e fíxonos pensar e reflexionar moito xa que ten moitos símbolos e hai que estar moi atento se se quere entender ben.

O vídeo comezaba cunha rapaza, espida, na bañeira. O seu noivo propónlle matrimonio e dille que todo irá ben, ela acepta (mais non fala, non dirá ningunha palabra en todo o vídeo). O seu futuro marido tras poñerlle o anel pregúntalle se sabe onde se atopa o cinto do seu pai, herdanza familiar.
O tempo avanza e o bebé Marquitos e o pai medran pero ela segue coma sempre, o malvado pai pregúntalle ó seu fillo onde está o cinto , o "metáforico cinto" atópase agochado baixo o corpo espido da nai na bañeira
Pasa o tempo e o bebé convértese en neno,  gustáballe moito xogar cun avión de xoguete.Un día o neno encontra o cinto do seu pai na bañeira onde estaba súa nai, peor ao ver as marcas que ten de golpes asústase e tira e rompe o avión, e non conta o descubrimento ao pai.O pai promete arreglarlle o avión.
Segue pasando o tempo e o pai e fillo medran e seguen buscando o cinto por toda a casa.Marquitos faise maior e é consciente da violencia que sofre súa nai, polo que se rebela contra o pai dicindo que non seguirá buscando o cinto, e marcha de casa.
Aparecen un día os irmáns de Marcos(o noivo), os cales defenden a actitude machista do mesmo.
Nesta escena dámonos conta que a actitude machista ven de familia
Julia dálle unha oportunidade para que a acompañe a outro estilo de vida, pero este aférrase ao cinto,polo tanto morre afogado. Julia sálvase xa que o auga foi o seu hábitat, o lugar no que se sentía segura. Ao final Julia aparece no océano,coma se empezase de cero, simbolizando o longo camiño que ten que recorrer para recuperar a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario